Saturday 29 de June de 2024

Un incendio nun garaxe deixa unha persoa ferida por queimaduras na parroquia de Serantes, no concello de Laxe


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados ao redor das 17:00 horas de onte, luns 3 de xuño, dun incendio que afectou a un garaxe na rúa Cabo da Area, na parroquia de Serantes, no concello de Laxe.

O lume foi ocasionado no garaxe dunha vivenda unifamiliar de planta baixa. Á chegada dos bombeiros ao punto, o GES de Ponteceso estaba a proceder á extinción do lume. Logo de darlle o relevo nesta tarefa e xa coa persoa ferida trasladada no helicóptero medicalizado procedeuse á ventilación e á medición de gases.

Debido a que o incendio afectou a tabiques da vivenda e do garaxe, provocando que estivesen a piques de colapsar, procedeuse tamén a precintar e balizar o domicilio.

Na intervención tamén actuaron o 061, a Garda Civil e o GES de Ponteceso.